A Asociación Galega de Xermanistas convoca as primeiras Xornadas de Literatura Alemá Actual baixo o lema “Espazos de convivencia: voces, identidades e historias na literatura alemá contemporánea”, coa finalidade de achegar a literatura alemá ao público galego.
O encontro terá lugar o 28 de febreiro de 2026 na Sala 9 do Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia, en dúas sesións: de 10:00 a 13:45 e de 16:00 a 18:30 horas.
Estas xornadas constitúen un espazo de reflexión e debate sobre as voces, identidades e historias que configuran a literatura alemá contemporánea, nun contexto de intercambio cultural e académico.
A entrada é libre e pregamos, en caso de interese, inscribirse aquí.
