Convocatoria
A AGX convoca a IV Edición do Concurso de Cómic en lingua alemá. Nesta nova edición, a participación queda limitada a alumnado da ESO, mais pertencente a calquera centro público ou privado de Galicia. Establécense ademais dúas categorías e cadanseu premio tendo en conta as idades e o ano que cursan: 1º e 2º da ESO, por unha banda, e 3º e 4º da ESO, por outra.
Moi boa sorte a todos/as os/as participantes!
Resolución: gañadoras do concurso de cómics
A AGX anuncia que o primeiro premio do IV Concurso de Cómic en lingua alemá na categoría do 1º ciclo da ESO (1º e 2º cursos) recae na seguinte obra: Weihnachten, de Águeda Castrillón (2º ESO) do Liceo La Paz da Coruña (Profesora: Natalia Miguel Luis).
Así, o primeiro premio do na categoría do 2º ciclo da ESO (3º e 4º cursos) recae na seguinte obra: Ein schlechter Traum, de Julia Saqués Feijoo (3º ESO) do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo) (Profesora: María Rey).
Herzlichen Glückwunsch!!