A AGX organiza o primeiro concurso de cómic en lingua alemá para alumado xuvenil!
O concurso vai dirixido a xente nova de 12 a 16 anos de centros de ensino regrado que imparten alemán en Galicia, tanto do ámbito público como privado.
Seleccionarase un traballo que pode ser individual ou en parellas, onde os e as participantes presentarán un cómic orixinal inédito.
Establécense dous premios, que consistirán na entrega de material en lingua alemá ou de autores de lingua alemá. Os autores recibirán un premio individual e o seu centro recibirá un lote de material para uso de todo o alumnado.
Moi boa sorte a todos/as os/as participantes!