A exposición céntrase no mito de Kafka. As súas obras son enigmáticas para moita xente. Pero tamén se presenta a Kafka como persoa, a súa vida, a súa familia, a súa relación coas mulleres e, sobre todo, a súa concepción da literatura.
Grazas a Radek Maly e á ilustradora Renáta Fučiková, conséguese unha visión fresca e menos tradicional da obra e vida deste extraordinario autor do século XX.
A exposición complementouna o Departamento de Alemán da EOI de Santiago de Compostela cunha selección de textos breves traducidos ao galego, español, francés, italiano, inglés e portugués. A exposición preséntase en español.
Datas: do 18 de outubro ao 15 de novembro
Lugar: Hall de entrada da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela (Vite)
Colabora: Asociación Galega de Xermanistas.
Non perdas esta oportunidade!