Próximos eventos e cursos

I Xornada de Tradución Literaria Alemán-Galego

Cando? 25 de xaneiro de 2020

Onde? Biblioteca Concepción Arenal. Campus Vida, Rúa dos Feáns, s/n, Santiago de Compostela.

Cota de inscrición: Gratuito para socias e socios de AGX e de AGPTI.

A AGX, en colaboración coa AGPTI, a Universidade de Vigo e a Universidade de Santiago, organiza a I Xornada de Tradución Literaria Alemán-Galego, que terá lugar o 25 de xaneiro de 2020 na Biblioteca Concepción Arenal (Campus Vida), en Santiago de Compostela.

Podes consultar aquí o programa.

O programa de actividades inclúe un obradoiro práctico de tradución (25 participantes). Se desexas participar, é preciso que o indiques na inscrición. Nese caso, recibirías os textos cos que se traballará con varias semanas de antelación para a súa posta en común o día de celebración da xornada.

A inscrición para socias e socios da AGX e da AGPTI é gratuíta, para o resto de público a cota é de 10 euros, que se aboará o mesmo día da xornada.

Prazo de inscrición: até o 18 de decembro de 2019 ou até completar aforo (30 participantes).

Para anotarte, envía simplemente un correo electrónico a infoagx@gmail.com cos teus datos, indicando se desexas participar ademais no obradoiro ou non.

Xornada_tradución_CARTEL

Eventos e cursos antigos

Obradoiro: "Danza as linguas". EOI Santiago de Compostela, 6/11/2019.

Unha maneira diferente de aprender linguas a través de danza, movemento, música e outras ferramentas que axudan á desinhibición. Un marabilloso método para identificar atrancos, medos e frustracións que non sabiamos que estaban aí e que xorden de maneira natural.

Obradoiro impartido por Mª Eugenia González Caramés.

Organización: AGX e EOI Santiago de Compostela.

Curso de formación: "Erfolgreiches Lesen und Sprechen auf Deutsch". CAFI  (Centro de Formación e Recursos), Santiago de Compostela, 9/11/2019.

Obxectivos

1.Introducir os docentes nas técnicas de lectura que facilitan a mediación lingüística e cultural.

2.Conseguir fluidez á hora de expresarse en alemán.

3.Lograr capacidade de cooperar en alemán.

Contidos

1.Os distintos modelos de técnicas de lectura facendo fincapé nos tipos de lectura que fomentan a cooperación e mediación.

2.Técnicas de lectura base para o desenvolvemento da competencia oral.

3.Ferramentas e actividades tanto para docentes como a alumnado.

Organziación: CAFI e Goethe-Institut Madrid.