Nos últimos tempos estamos insistindo na visibilización e presenza do alemán no ensino público en contra do que vén sendo unha aposta máis ben escasa por parte das autoridades educativas. Coa chegada da pandemia en 2020, cancelouse unha entrevista acordada entre a AGX e a Consellería de Educación que non se puido retomar ao haber cambios no organigrama do goberno galego, debido ás restricións obrigadas pola situación sanitaria e tamén pola falta de resposta dende a Consellería. Esta mesma semana recibimos confirmación da Secretaría Xeral de Educación para celebrar unha reunión con nós o vindeiro 16 de marzo de 2022, onde lles trasladaremos as nosas reivindicacións e preocupacións no tocante ao ensino do alemán en Galicia. Este mesmo mes teremos tamén unha reunión no sindicato CIG para tratar o mesmo asunto. Por este motivo, estamos enviando tamén notas de prensa para facer visible esta inquedanza e hai uns días publicouse unha nota concisa en ‘La Opinión’ da Coruña: