A Asociación Galega de Xermanistas organiza e promove eventos e actividades para fomentar o intercambio cultural e académico entre Galicia e os países de lingua alemá. A través de seminarios, conferencias, encontros sociais e culturais, procuramos crear un espazo de encontro para a difusión do coñecemento e a colaboración. Consulta esta sección para coñeceres as actividades e participa connosco no descubrimento da cultura e lingua alemás!
Podes consultar aquí a lista con algunhas das nosas actividades formativas e eventos:
- Conferencia: “De Galicia a Hannover: estratexias lingüísticas da migración galega en Alemaña” (2023)
- Ciclo de conferencias do trixésimo aniversario da Reunificación alemá (2022)
- Online-Workshop: “Nutzung digitaler Medien zur Förderung der Mündlichkeit” (2021)
Outras iniciativas
Tamén contamos con diversas iniciativas que intentamos manter de forma intermitente grazas á axuda das nosas socias e dos nosos socios. Nesta sección podedes ver algunhas delas, tanto históricas como actuais.