A AGX organiza o relatorio “De Galicia a Hannover: estratexias lingüísticas da migración galega en Alemaña”, a cargo de Marta Estévez Grossi, na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Na conferencia, trazaranse as prácticas comunicativas dos migrantes galegos en Hannover, nun contexto ás veces trilingüe galego, español e alemán. A través de entrevistas, explóranse as estratexias de adaptación e a (in)existencia de servizos oficiais de interpretación.