Condecoración a Marisa Siguan Boehmer

É unha grande alegría poder comunicarvos que a nosa compañeira Marisa Siguan Boehmer, catedrática emérita da Universidade de Barcelona, foi condecorada coa Cruz da Orde do Mérito da República Federal de Alemaña (Verdienstorden der Bundesrepublik Deutschland), a distinción máis alta deste país. Festexamos este recoñecemento tan merecido, froito do seu incansable traballo en prol da lingua, a literatura e a cultura alemás no Estado español e proba do impacto e valor do seu labor no ámbito académico e cultural.

Desde a AGX, queremos transmitirlle os nosos máis sinceros parabéns por este logro excepcional.