Estes dous proxectos lévanse a cabo de xeito máis ou menos regular na asociación desde os seus comezos. 

  • Schnupperstunden

Que son? As Schnupperstunden son clases piloto de iniciación ó alemán, dunha única sesión. 

Onde se celebran? Nas escolas públicas, CEIPs e IES.

Cales son os seus obxectivos?  A difusión e asentamento do alemán como lingua estranxeira no sistema educativo galego. Con estas mini-clases preténdese que os/as escolares galegos/as teñan un primeiro contacto lúdico coa lingua alemá e se interesen pola súa aprendizaxe. Estas clases serven tamén de motivación para que os pais e nais vexan as posibilidades que ofrece o coñecemento da lingua alemá.

  • Cursos piloto

Que son? Trátase de leccións de nivel básico de alemán repartidas en 18 sesións. 

Onde se celebran? En centros de primaria, secundaria e formación profesional.

Cales son os seus obxectivos? Afincar o alemán nos plans de estudo. Por medio destes cursos breves de nivel básico de alemán foméntase o interese dos alumnos/as por cursar esta lingua estranxeira como parte do seu currículo. Grazas ó impulso xerado polos/as estudantes, co apoio dos pais e nais, preténdese que os centros educativos inclúan o alemán entre as materias ofertadas.