Últimos proxectos

Desde os seus inicios, AGX organiza actividades encamiñadas a promocionar o alemán e a cultura alemá, tanto no eido educativo como nos espazos culturais. Co ánimo de conseguir que medre a demanda do alemán en Galicia, a asociación realiza, por unha banda, actividades de promoción da lingua dirixidas aos centros de ensino de primaria e secundaria, como a realización de horas de degustación (Schnupperstunden) ou cursos piloto. Con isto pretendemos xerar interese pola aprendizaxe do alemán, de xeito que esta lingua teña unha maior presenza nas EOI e nos centros educativos públicos.

Gañadoras do concurso de cómics

Velaquí o resultado do primeiro certame de Cómic organizado pola AGX. O primeiro premio consta de material didáctico e cultural sobre a lingua e a cultura alemá para as gañadoras e para o centro educativo . ¡Noraboa a todos e todas as participantes e en …

Concurso de cómic en lingua alemá da AGX

A AGX organiza o primeiro concurso de cómic en lingua alemá para alumado xuvenil! O concurso vai dirixido a xente nova de 12 a 16 anos de centros de ensino regrado que imparten alemán en Galicia, tanto do ámbito público como privado. Seleccionarase un traballo …

PRENSA: Xermanistas denuncian que la OPE de Educación “excluye” el alemán

Nos últimos tempos estamos insistindo na visibilización e presenza do alemán no ensino público en contra do que vén sendo unha aposta máis ben escasa por parte das autoridades educativas. Coa chegada da pandemia en 2020, cancelouse unha entrevista acordada entre a AGX e a …